Reglamentación

Regulamento Provisional:

Marcha Social Non Federada e Non Competitiva

O Concello de Sober, coa colaboración da Asociacion Veciñal de Sta Cruz de Brosmos, organiza a Ruta BTT Santa Cruz Bike 2015 – Marcha Social non Federada e non competitiva, cun percorrido de 45 km/aprox., de dificultade técnica e física media-alta. A mesma será de carácter non competitivo. Ao longo do percorrido haberá numerosas alternativas que diminúen a dificultade e a distancia, facendo así unha ruta curta con dificultade física e técnica media-baixa de 30 km.

A concentración e entrega de dorsais terá lugar dende as 8:00 horas ata as 9:15 horas do sábado 5 de setembro no campo da festa de Santa Cruz de Brosmos (ao lado da igrexa). A saída dos participantes da ruta BTT efectuarase ás 9:30 horas do mesmo lugar.

A participación na proba incluirá o avituallamento sólido e líquido (bebida, froita e bolería) nos lugares de Vilacha e Doade, ao rematar a ruta desfrutaremos duns pinchos no campo da festa. Tamén contaremos con servizo de ambulancia así como seguro de Responsabilidade Civil. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.

Cada participante será responsable do seu propio material de avaría. No caso de avaría non reparable polo participante, este terá que desprazarse a un cruce asfaltado onde será recollido pola organización.

O emprego do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.

O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais, forestais e de monte do Concello de Sober e Monforte de Lemos, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final da ruta.
En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non adiantando en ningún momento ao vehículo que abre aproba, o cal será obxecto de descualificación inmediata.

A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado), non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.

A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.


O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.


Condicións:


É obrigatorio ter a maioria de idade.

Para participación na proba é necesario e obrigatorio inscribirse e abonar a cota especificada no prazo disposto, que nunca será posterior a 10 dias anteriores á realización da proba.

Non se admiten devolucións das cotas aboadas quedando un mes para a realización da proba. Antes de ese prazo, se o inscrito quere anular a sua inscripción, deberase por en contacto con nos para proceder á devolución da cota.