Localización e recorrido

A Parroquia:

Monolito en lembranza dos músicos
de Sta Cruz de Brosmos.
Sta Cruz de Brosmos, é unha pequena parroquia do Concello de Sober, con arredor de 50 habitantes, que soen duplicarse ou triplicarse nas épocas vacacionais, xa que foi, e inda o é, terra de emigrantes. Este pequeno pobo situouxe no mundo grazas a ser a cuna de nacemento dunha das bandas musicáis con máis historia de Galicia, a Banda de Sta Cruz de Brosmos, ou como posteriormente se denominou, Banda de Sober.

Nembargantes, a parroquia de Sober non so e cuna de artistas musicais, se non tamen é cuna de maestros adeguerios, respetados e galardonados no arte de facer bo vinho. Neste punto, hai que recordar que a Sta Cruz de Brosmos está nun enclave privilexiado no que se aglutina e conxuga paisaxe, tradición e historia centenaria (ou máis ben milenarea) ligada ao viño.

Cartel da Sta Cruz Bike do 2013
Por outro lado, a decadencia do rural galego, dende o punto de vista poboacional, é unha dolorosa realidade, que en parte se viu faborecida pola perda de valor do que nos rodea. Neste caso, a labor feita polo Concello de Sober, así como diversas iniciativas privadas están a trocar esta tendencia, poñendo e dando valor o que temos e o que aprendimos. Particularmente, e en especifico na parroquia, hai que mencionar o inmenso traballo da Comisión de Festas, que dende fai 4 anos ven de organizar anualmente a Festa de Sta Cruz de Brosmos, evento que atrae a centos de persoas.

Neste marco pretendese realízar outra edición da STA CRUZ BIKE, unha actividade que é organizada pola asociacion de veciños da parroquia coa axuda de diversos colaboradores co fin combinar o paisaxe, cultura e tradicion co deporte.

O Roteiro cicloturista Sta Cruz Bike, é unha marcha en bicicleta de montaña non competitiva, e celebrase á par da festa parroquial, xa que logo é unha forma de atraer xente e poder disfrutar dos actos festivos.

Localización:

O roteiro transcurre por pistas forestais, sendas e camiños ao redor do concello de Sober, e nesta edicion foi deseñado co fin de poder discorrer polos miradores e enclaves máis representativos da zona, asi como polos puntos estratexicos onde se desenvolven actividades turisticas ou demostracions de tradicionais culturais, co fin de que a actividade sexa unha boa experiencia, non so dende o punto de vista da bicicleta de montaña, se non cultural e educativa.  
A parroquia de Sta Cruz de Brosmos sitúase a 10 Km do centro urbano de Sober, asi como a 15 Km de Monforte de Lemos

Como chegar?

Para ver a información acerca de como chegar á parroquia dende Sober, ir ao seguinte link: https://goo.gl/maps/xZpxU, e dende Monforte de Lemos, facelo neste: https://goo.gl/maps/374vK

No hay comentarios:

Publicar un comentario